top of page

REPORTAXE

Que supón a presenza da avespa asiática?

Unha avespa que chegou

para quedarse

Vespa Velutina

Os máis de 258 concellos galegos colonizados dende a súa aparición en 2011 e os problemas que provoca, converten á avespa asiática nunha desprezada forasteira.

  • Gris Facebook Icono
  • Gris Icono Twitter
  • Gris Icono Vimeo
  • Gris Icono de Instagram

Ángela Taboada e Daniel Vázquez 

30/05/2019

-
00:00 / 00:00

ESCÓITAO. DANIEL VÁZQUEZ LE A REPORTAXE ÍNTEGRA

Prólogo
Resumen

A avespa asiática chegou para quedarse. Dende o 2011, Galicia sofre a irrupción deste insecto que xa coloniza un total de 258 concellos. A súa alta capacidade reprodutiva e a súa acelerada adaptación ás condicións climáticas desta comunidade converten á vespa velutina (‘vespa asiática’) na especie invasora máis imprevisible non só en Galicia, senón na totalidade da Península Ibérica. Actualmente, está presenta en toda a franxa norte do noso país, onde se retiran entre 30 e 50 niños diarios.

2019-1c3f7df.jpeg

Presencia de niños de avespa asiática nos concellos de Galicia/ Fonte: Medio Rural

fotonoticia_20171213125652_640.jpg

Exemplar de abella melífera ('abella do mel')/Fonte: EUROPA PRESS

A súa presencia afecta con maior forza ao medio-ambiente e á biodiversidade, ás abellas melíferas (‘abellas do mel’, unha das súas principais fontes de alimento) e aos sectores apícola e frutícola. Coa morte de varias persoas pola súa picadura, a alarma social erixiuse como un dos grandes motores para incentivar o seu control. Ou polo menos, esa é a perspectiva de Luís Rodríguez Lado, doutor en Bioloxía e Investigador da Universidade de Santiago de Compostela.

Coun 15%, Galicia é a segunda C.A. con maior número de explotacións apícolas/ Fonte: Plan Nacional Apícola (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación)

Entrevistas

Luis Rodríguez Lado, doutor en Bioloxía e Investigador da Universidade de Santiago de Compostela

I

A avespa

Si  axudaches á nosa vespa velutina a cruzar medio mundo para chegar a Galicia (se non é así, animámosche a probar sorte), é probable que xa imaxines como é o animal que aniquila a última colmena da Casa de Galatán. Aínda así, imos coñecela un pouco mellor.

Este animall é unha avespa, a vespa velutina nigrithorax. E como tal, presenta uns hábitos e una ciclo vital moi semellantes ao resto de especies da súa familia: cada colonia ten a súa fundadora (a raíña) que morre ao ano de vida. As súas descendentes (larvas alimentadas con xelea real, o máis vitamínico dos manxares) seguirán os pasos da súa antecesora, converténdose en “monarcas” da súa propia colonia. Non obstante, sería inxusto reducir toda unha vida a 38 caracteres. Un ano dá para moito, e isto é o que fai a avespa asiática na súa corta pero intensa existencia.

Entre febreiro e marzo as raíñas apareadas (as larvas nutridas con esmero) emerxen da súa letarxia invernal (a hibernación). Cada unha delas, de forma paulatina e escalonada, abandona o niño para formar a súa nova colonia. Fáno dunha en unha para non loitar entre elas polos mesmos recuros. Desta forma, a súa taxa de supervivivencia e posibilidades de expansión aumentan considerablemente. Cada raíña establece a súa propia colonia e inicia a construcción do seu primeiro niño: o primario. Nel deposita os ovos que darán lugar a unha vintena de “obreiras” (privadas da soberana alimentación das futuras raíñas, pois pronto deixarán de recibir xelea real). Esta primeira “hoste” de proletarias pode manter e mellorar o niño, pero normalmente buscan trasladalo a un espazo máis idóneo para o seu crecemento (a unha árbore, por norma xeral. Aínda que Luís Rodríguez Lado advírtenos dunha tendencia cambiante neste proceso). A partir de maio e xuño, no sitio escollido, constrúen o que será o seu fogar definitivo: o niño secundario. Unha vez establecidas, a milicia de obreiras ascende ás 1000 – 1500 e a finais do verán emerxen as futuras raíñas (entre 100 e 300) e os machos. A finais do mes de agosto e ata outubro as femias fecundadas dispérsanse, a colonia deixa de estar activa ata o comezo do inverno e a raíña morre. Neste período, os machos (tras copular) e as obreiras falecen, mentres que as futuras raíñas inician o seu letargo invernal, en solitario ou en pequenos grupos en cavidades protexidas.

E este ciclo biolóxico, en Galicia, orixinou máis de 18 mil niños en 2018.  Un deles, na Casa de Galatán.

Pero se a súa “rutina” vital é similar á da nosa avespa autóctona (a vespa cabro), que as diferencia?

Como veremos, unha correcta identificación da vespa velutina será fundamental para mitigar os seus efectos e non acentualos.

hornets-3213908_960_720 (1).jpg

Exemplar de vespa cabro, que non debemos confundir coa la avespa común 

vespaVelutina_pasquin_160510-1024x683.jp

VESPA  CRABRO vs. VESPA VELUTINA

O seu corpo é fundamentalmente negro e marrón escuro, con diminutos trazos louros e alaranxados, dominados pola forza dunha franxa amarela que percorre boa parte do seu abdome. É o único avispón en Europa que presenta un aspecto tan marcadamente escuro, polo que o seu recoñecemento é bastante sinxelo. En comparación á vespa crabro, o seu tamaño é lixeiramente menor. A avespa autóctona mide entre 18 e 35 mm de largo, mentres que a Vespa velutina se move nos 17 e 32 mm.

"O problema é que os niños (de velutina) teñen un volume máis alto de individuos. Poden ter mil, dous mil ou dous mil cincocentos"

Javier Orejas, Xefe do Servizo de Sanidade Animal da Subdirección Xeral de Gandería da Consellería do Medio Rural.

Os niños tamén presentan algunhas diferenzas. O da avespa asiática ten unha entrada lateral situada no terzo superior e non se aprecian as celdillas (onde depositan os ovos, que poden chegar ós 15 mil). O da vespa crabro, pola contra, ten a abertura na base (de maior tamaño), na que si se aprecian estas celdillas. A diferenza da avespa asiática, a nosa especie autóctona nunca constrúe os seus niños nas zonas altas do arborado.

nido avispa.jpg

A lóxica alarma social xerada polos medios de comunicación (como resultado das mortes pola súa picadura e cuxo tratamento critica abertamente Luís Rodríguez Lado), estigmatizaron á Vespa velutina como unha especie moito máis perigosa que o avispón europeo (a crabro). Como ben explica o Xefe de Servizo Animal da Subdirección Xeral de Gandería da Consellería de Medio Rural, Javier Orejas, esta morbosa diferenza é inexistente. O problema e o risco para a cidadanía non radica na súa adulterada agresividade, senón na súa maior capacidade reprodutiva. Son máis, e polo tanto, é máis doado que che piquen.

Entrevistas

Javier Orejas, Xefe do Servizo de Sanidade Animal da Subdirección Xeral de Gandería da Consellería do Medio Rural

Suso Asorey

Portavoz da Asociación Galega de Apicultura

-
00:00 / 00:00

A día de hoxe, unha das grandes vantaxes expansivas da avespa asiática é a súa case condición de superdepredador. Carecen dun ser vivo que regule a súa poboación (salvo o miñato abelleiro) e por iso, as últimas abellas de Galatán precisan imperiosamente da acción humana para sobrevivir. Sen Pepe, serían aniquiladas. No sureste asiático (o seu lugar de procedencia) as abellas desenvolveron mecanismos de defensa contra a Vespa velutina. Poderán as nosas abellas evolucionar desta forma e autoprotexerse? Suso Asorey, portavoz da Asociación Galega de Apicultura (AGA), non se mostra moi optimista con esta posibilidade.   

Unha supervivinte nata chegou á Península

II

Chegada a Europa e expansión

Experimentaras ou non a odisea xeográfica da vespa velutina para chegar ao noso territorio, a fogares coma o de Pepe, debes saber que a súa viaxe non rematou. A avespa asiática atópase nun continúo proceso de adaptación e expansión que no conclúe, nin moito menos, no norte peninsular.

Países con presencia de Vespa velutina

Natural do sudeste asiático, a Vespa velutina aparece amplamente distribuída nos territorios do noroeste da India, Bután, Indochina, China, Malaisia e Indonesia. Sen embargo, un fatal desacerto ampliou considerablemente os seus territorios colonizados. No 2004, un barco  con mercancías procedentes do sudeste asiático chegaba ao porto de Bordeaux (Francia) cunha pequena polisón: unha raíña velutina fecundada por máis de 8 machos. Dende entón, foise expandindo sen control polo occidente europeo, con especial presencia na franxa atlántica. No 2010 a especie foi detectada en Amaiur (Navarra) e posteriormente no País Vasco. Deste xeito, exponencialmente, a Vespa velutina iniciou unha colonización que na actualidade domina as comunidades autónomas do País Vasco, Cantabria, Asturias, Galicia, Castela León, Extremadura, Cataluña, Valencia, as Illas Baleares e o norte de Portugal.

En Galicia,  as primeiras observacións datan do ano 2011, na Mariña Lucense, Culleredo e nos arredores de Vigo e Baiona. Luís Rodríguez Lado estuda a distribución espacial desta especie e así relata a súa expansión na comunidade galega.

Entrevistas

Luis Rodríguez Lado, doutor en Bioloxía e Investigador da Universidade de Santiago de Compostela

A día de hoxe, hai presenza de avespa asiática en Francia (2004), España e Portugal (2010), Bélxica (2011), Alemaña e Italia (2012), Inglaterra (2016), Suíza e Escocia (2017). Nada semella impedir que a Vespa velutina colonice novos territorios no futuro. A súa erradicación, como anuncia Luís Rodríguez, plantéxase como unha utópica posibilidade nun escenario de alarmante gravidade.

Como toda especie, a Vespa velutina agradece determinados “ambientes” que favorecen o seu desenvolvemento. Aínda sendo un animal de gran capacidade de adaptación, non todo escenario lle sirve para sobrevivir. A avespa asiática localízase sobre todo na franxa costeira, onde as temperaturas medias anuais son suaves e a amplitude térmica atópase atenuada pola proximidade co mar. A súa distribución e presenza actuais Galicia semellan depender, en gran medida, das condicións climáticas. Que vai ocorrer, entón, se as predicións de cambio climático se cumpren? De novo, responde Luís Rodríguez Lado.

Luis Rodríguez Lado, doutor en Bioloxía e Investigador da Universidade de Santiago de Compostela

Contar co cambio climático como aliado non parece ser a mellor das alternativas. A gravidade da situación aumenta a un ritmo frenético e os problemas que xera, como veremos, desatan unha alarma lóxica. A melancolía dunha intervención máis rápida e eficaz por parte das institucións emerxe en determinados colectivos (sobre todo, nos máis afectados, como o apícola). Que se puido actuar mellor e con máis antelación crea un novo debate.  Núñez Ruiz, Xefe de Área do Centro de Atención a Emerxencias en Galicia (AXEGA), opina todo o contrario.

Diego Núñez Ruiz, Xefe de Área do Centro de Atención a Emerxencias de Galicia (AXEGA)

Nada garantiza,  polas características desta especie, que unha actuación máis anticipada tivese evitado historias como a de Pepe e os problemas que a invasión da avespa asiática produce no noso entorno

02-morethanhoney.jpg

III

Problemas que xera

Una das particularidades máis coñecidas da avespa asiática é a súa predilección polas abella melíferas (“as abellas do mel”) como fonte de nutrientes. Aínda tratándose dunha especie fundamentalmente herbívora, este hábito alimenticio xera unha serie de problemas nas abellas e como resultado lóxico, no sector apícola.

Os apicultores son, sen dúbida algunha, os principais afectados por esta exótica invasora. A producción de mel (polo estrés que a Vespa velutina provoca nas colmeas) reduciuse a porcentaxes inasumibles e como Pepe, son moitas as persoas obrigadas a crear novos mecanismos para comabter esta praga nos seus fogares (artificios, todo sexa dito, de dubidosa efectividade). Suso Asorey, portavoz da Asociación Galega de Apicultura, recorda as primeiras novas que tivo da chegada deste insecto.

Suso Asorey

Portavoz da Asociación Galega de Apicultura

-
00:00 / 00:00
avispa-asiatica-mata-abejas.jpg

Abella melífera atacada por unha Vespa velutina

Suso Asorey

Portavoz da Asociación Galega de Apicultura

-
00:00 / 00:00

Nos últimos anos, antes da chegada da avespa asiática a Europa, a poboación de abellas experimentou un descenso constante e acentuado. Ninguén, nin os expertos máis recoñecidos, é capaz de establecer con firmeza e solidez a causa máxima desta alarmante recesión demográfica. O 90% de abellas locais desapareceu nalgunhas rexións do planeta e todas as previsións apuntan a un fenómeno de afectación global. Como gran polinizadora, a súa hipotética desaparición sería fatal para a nosa propia supervivencia. Sen embargo, ao tratarse dunha traxedia anterior á incidencia da Vespa velutina, non hai certeza para responsabilizala da morte masiva das colmeas. Moitos son os factores que poden incidir nesta súbita defunción (entre eles, claro, a presenza dun novo depredador). Mais como argumenta Suso Asorey, non hai un único factor na repentina morte das abellas.

Os medios de comunicación, en gran medida, fomentaron unha relación causal entre a alimentación de abellas por parte da avespa asiática e o perigo dun desequilibrio na polinización. É certo que a Vespa velutina se nutre de insectos polinizadores (entre eles, a abella melífera), pero isto non significa que damnifique á polinización. A fin de contas, a avespa asiática é tamén un insecto polinizador, cuxa capacidade de adaptación fai que poda “traballar” en circunstancias moito máis adversas que as propias abellas. A mingua de polinizadores, asegura Luís Rodríguez, non ten que ser un problema.

1366_2000.jpg

A avespa asiática, outra gran polinizadora

Entrevistas

Luis Rodríguez Lado, doutor en Bioloxía e Investigador da Universidade de Santiago de Compostela

Es É innegable que a apicultura si se ve afectada. Aínda existindo múltiples factores na acelerada diminución das abellas, a presenza da Vespa velutina é un deles e debe ser estudiado con detalle. E esta circunstancia, unida ao estrés provocado nas colmeas, xera unhas perdas na producción de mel próximas ao 60%. En Galicia, os apicultores, como Suso Asorey, reclaman máis medidas á Xunta e critican que as medidas tomadas responden a un intento por mitigar a alarma social existente.

Suso Asorey

Portavoz da Asociación Galega de Apicultura

-
00:00 / 00:00

Así mesmo, demandan a necesidade dunha maior comunicación entre as institucións e os grupos afectados. O propio Asorey argumenta que as reunións coa Consellería de Medio Rural son practicamente inexistentes. 

-
00:00 / 00:00

Dende a Consellería do Medio Rural e en voz de Javier Ojeras, din todo o contrario.

-
00:00 / 00:00

A afectación á saúde humana, como dixemos, non é o maior dos problemas. Sen embargo, a súa capacidade reprodutiva e a crecente tendencia a instalarse en edificacións aumentan as posibilidades de sufrir algunha picadura. Para evitalo, a Axencia Galega de Emerxencias (112) conta cun protocolo específico para a retirada de niños de Vespa velutina, sempre que se trate dunha emerxencia. Cóntao o seu Xefe de Área, Diego Núñez Ruiz. Aquelas situacións que non cumpran cos requisitos expostos pola AXEGA desvíanse a Medio Rural. Alí, como explica Jesús Orejas, tamén contan co seu propio sistema de actuación.

Entrevistas

Javier Orejas, Xefe do Servizo de Sanidade Animal da Subdirección Xeral de Gandería da Consellería do Medio Rural

Outro sector que está comezando a sufrir os efectos desta invasión é o sector frutícola. As avespas adultas son fundamentalmente herbívoras e na súa dieta precisan de froita madura, de todo tipo, salvo os cítricos.  

WhatsApp Image 2018-12-12 at 19.19.28.jp

IV

As medidas do apicultor

A historia de Pepe non é única. Como ela, hai miles. O conflito entre o apicultor e a avespa asiática esténdese por case todo o territorio galego. A ausencia de medios e a falta de información reforzan a imperiosa necesidade de empregar artefactos de elaboración propia nun conflito que se fai eterno.

A desesperación por protexer as súas colmeas fomenta o emprego de técnicas de trampeo masivo cuxa eficacia non está demostrada. Algunha delas non é selectiva, é dicir, captura outras especies ademais da avespa asiática. E isto, lonxe de solucionar o problema, supón unha damnificación importante a outras especies e ao medioambiente. Trátase de prácticas ilegais, pero non controladas. Como ben explica Luís Rodríguez Lado, supoñen un problema maiúsculo.

Luis Rodríguez Lado, doutor en Bioloxía e Investigador da Universidade de Santiago de Compostela

Non obstante, o sector apícola é un dos grandes impulsores e investigadores neste ámbito. Algunhas trampas funcionan realmente e entre todas as empregadas, Diego Núñez destaca as seguintes.

Diego Núñez Ruiz, Xefe de Área do Centro de Atención a Emerxencias de Galicia (AXEGA)

V

O miñato abelleiro 

Hoxendía, esta ave rapaz insectívora constitúese como unha das posibles solucións naturais á invasión da avespa asiática (un remedio centrado, coñecida a imposibilidade da súa erradicación, en controlar a poboación de Vespa velutina). Un estudo da Universidade de Alcalá de Henares ven de constatar que a actividade do miñato abelleiro é tan efectiva como os métodos químicos de eliminación. E que, ademáis, suprimiu tantos nidos como todos os resultantes de procedementos postos en marcha pola Xunta de Galicia.

izquierda-Cabeza-Picoto-B-2012-Domingo-R

ESTA AVE NUNCA PODeRÍA ACABAR POR SI mesma COa 

VESPA VELUTINA

bottom of page